COMEZAMOS CO CURSO!



O Programa de Formación e Innovación Docente (PFID) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) ofrece no mes de Marzo o Curso de R-Commander.


Podes consultar calquera dúbida no seguinte enderezo: curso.rcommander@gmail.com








O curso estrutúrase do seguinte xeito:

Sesión 1: Introdución a R commander

Duración: 3 horas presenciais e 1 hora non presencial

Contidos:


  • Presentación do curso
  • Instalación de R. Librerías.
  • Entornos de R: R commander
  • Introdución ao software estatístico R


Sesión 2: Estatística básica con R commander (I)

Duración: 4 horas presenciais

Contidos:


  • Manexo de bases de datos
  • Estatística descritiva: medidas característica e representacións gráficas
  • Práctica 1: Estatística descritiva con R commander


Sesión 3: Estatística básica con R commander (II)

Duración: 4 horas presenciais

Contidos:


  • Dependencia entre 2 variables: covarianza, correlación e diagrama de dispersión
  • Regresión linear simple
  • Práctica 2: Estatística bivariante con R commander


Sesión 4: Elaboración dun proxecto estatístico

Duración: 4 horas presenciais e 4 horas non presenciais

Contidos:


  • Procedemento para a súa realización
  • Estrutura dun traballo estatístico
  • Explotación de bases de datos: INE, IGE, GapMinder,…
  • Exemplo de proxecto na aula

Comentarios

Publicacións populares